Entrevistas do Remuiño.

ENTREVISTA: D. JESÚS BUJEIRO VILLAR,  antigo alumno do Ceip Eugenio López. Na actualidade exerce como perito-práctico.   O director presenta a D. Jesús Bujeiro Villar
P. Vostede vivía de pequeno en Brens. ¿Viña en autobús ou viña andando? Viña en autobús escolar, que por certo tiña o volante na dereita. P. ¿Quen le dou a vostede clase no Eugenio?  Doume clase  Maruja Castro e máis  Pedro Garea. P. ¿Lembra algo diferente a agora?  Na miña época os nenos usaban brazaletes. Os roxos eran para mandar ou dirixir o autobús. Os brancos eran para os que poñían orde nas escaleiras. Os brazaletes só os usaban os maiores. P. ¿Como era de neno?. Era un neno tímido. Sentía moito respeto polos profesores, atendía os  consellos que me daban. E agora sigo as directrices que aprendin de mozo. Tamén conservo amistades de entón. P. ¿Que rutas facía cando era carteiro? Empecei en Brens e tamén atendín as parroquias de Lires, Pereiriña e finalmente Cee.Traballei durante quince anos como carteiro. P. ¿Para ser carteiro, tivo que facer algún cursiño?. Non, daquela non había que facer cursiños, pero supoño que na actualidade si. P. ¿Tiña tempo libre? . Moi pouco, porque traballaba moitas horas e ás veces non me pagaban por todas.  P. ¿Que profesión exerce na actualidade e quen foi a primeira persoa que lle ensinou?  Foi o señor Lorenzo Oreiro. Recordo que cando eu aínda estaba estudiando el ven a facer as partillas dos meus avós e como xa tiña moito traballo díxome que se  quería podía axudarlle. Diso xa hai vintecinco anos. Agora exerzo de perito práctico.P. Nós estamos aprendendo fórmulas de figuras,  como a do triángulo, ¿sírvennos estes estudios para o facer o seu traballo?  Si. Para as medicións de hoxe xa están as máquinas, pero antes había que descompoñer as leiras en figuras xeométricas. Tamén hai que saber redactar ben, explicar os datos do documento, hai que escribir con claridade, limpeza, orde e respectando as marxes. Hai que describir as propiedades: nome, destino (labradío, inculto, pinal, monte...), os límites (marcos), lindantes polos puntos cardinais: Norte, Sur, Este e Oeste. Determinar a súa superficie usando as distintas medidas como o ferrado (en Cee 4 a, 24 ca); no Pindo usan varas,  en Fisterra, carros e noutros lugares cuncas. P. ¿É autónomo? R. Efectivamente. Traballo por conta propia. Pago a Seguridade Social. Unha ventaxa  que ten e que ti mesmo pos o teu horario. Atendo tamén os sábados.       P. ¿Que é unha partilla?  Unha partilla é un documento no que se fai un reparto de bens que deixan os pais entre os herdeiros. Hai que ver as fincas antes de facer o reparto, para poder valoralas.  As leiras poden ser de primeira, segunda, terceira e cuarta. Ver tamén a situación... Faise un inventario. P. ¿Como  valora as leiras?  As de 1ª calidade era que que producía máis labradío e tiña mellor clase de terra. Despois está a de 2ª e 3ª que xa son as que menos producen. Tamén se pode valorar por puntos, p.e., a de 1ª podíase valorar con 3000 puntos e unha de 3ª podía ter 1500 puntos. Os herbais tamén se valoraban pola producción de pasto. Agora tamén se mira a situación. Unha leira de 3ª se está ben situada, p.e., ten acceso desde a carretera, está preto da casa... pois pode valer máis que unha leira de primeira. P. ¿Tivo algunha vez algún conflicto coa distribución de leiras?  Bueno, hai que explicarlle ben as  cousas a xente. Eu teño clientes en Mazaricos, Cee, Carnota, Ézaro, Dumbria, Zás.  Teño que falarvos doutro importante documento: o testamento. É un documento  ante notario, no que constan os datos persoais, e no que se recoñece ós fillos. Pódese deixar a partes iguais ou milloras “pola vella”(fanse quince partes, sete para a millora ...) ou “pola nova”. Esta vai repartida en terceiras partes: 1/3 de millora; 1/3 de libre disposición e 1/3 de lexítima. No testamento pódese nomear comisario-contador-partidor. Se non hai acordo, entre as partes, todo é moito máis caro porque hai que buscar avogado, procurador. A vía amistosa é a recomendable.... D. Jesús Bujeiro explicounos ampliamente que sucede cando non hai familia que herde; que pasa cando hai problemas entre os herdeiros; cales son os trámites nas distintas situacións que poden darse. Se o perito fai de comisario-contador pide a copia do testamento, e fai unha reunión cos herdeiros. Se non hai testamento collen a dous herdeiros que representen o 50% da herdanza...
Entre o moito vocabulario que xurdeu durante as súas explicacións recollemos o seguinte: O cupo (hijuela, adxudicación) é o reparto que se lle forma a cada herdeiro.  A contribución é un imposto que hai que pagar pola propiedade das fincas. Estas poden ser urbanas e teñen un número ou rústicas que están catastradas.  Documento privado: é un documento que o fai un avogado ou un perito práctico e non se fai ante notario. Vale para liquidar un imposto.  Documento público: é un documento que redacta un avogado ou un perito práctico e faise ante notario.  Usufructo: usar, usufructuar. Dereito real que permite o uso en beneficio propio dunha cousa que non se ten en propiedade ca obrigación de conservala.  Marco: pedra pequena, con testigos. Posta pola man do home, serve para sinalar os límites dunha propiedade. Se cae hai que chamar as partes e chegar a un acordo ou medir en presenza do lindante. Permuta: cambio de leira por outra.
Explicounos tamén como era a concentración parcelaria.
Foi unha entrevista-lección moi didáctica na que os de 6º A e B aprendemos moito.
Moitas grazas, Sr. Bujeiro.
A clase de 6º A co entrevistado




http://www.geocities.ws/revista_cee/manuelcarballo.htm
ENTREVISTA Ó SR. CONSERXE
Con motivo da súa próxima xubilación, as  nenas e  nenos de 6º B,  entrevistamos ó Sr. Manuel Carballo Ramos.
P. En que colexio estudou vostede? No colexio de Dumbría. Alí os nenos e nenas, estudaban separados. P. De pequeño,que materiais tiña no colexio? Pizarras,había unha pequeniña para cada un. Usábase como libreta. Tamén  tíñamos un encerado. E tamén tizas,que eran feitas na escola,con cal, nun caldeiro. Facíanas os profesores.P. Cal era a asignatura que máis lle gustaba? A min sempre me gustaron as matemáticas. P. Que quería ser cando era neno? Eu, cando era neno quería ser carpinteiro, coma meu pai. De feito traballei con el. P. Se non traballase de conserxe,que lle gustaría ser? Como dixen antes, a miña ilusión sempre foi ser carpinteiro. P. O primeiro día de traballo neste colexio,sentíase nervioso ou intranquilo? Empecei no ano 1974. Non, a xente acolleume moi ben. Daquela a directora do centro era Dª Marita Costa.  P.  Tivo algún outro traballo aparte do de conserxe? Si, primeiro traballei en Londres. Nunha fábrica, repartindo comida racionada aos avións. Despois, antes de ser conserxe, estiven nunha compañía, en Noia, que facía montaxes eléctricos, traballei   na subestación de Brens. Isto foi no ano 1973. P. Gústalle traballar de conserxe? Si, porque estou entre os nenos,e así, síntome máis novo.                                                                                    P. Tivo algún problema, na súa profesión, entre os seus compañeiros,os profesores e os nenos? Non, casi nunca os tiven.P. Todos sabemos que vostede leva moito tempo exercendo o seu traballo, pero, poderíanos dicir  exactamente canto? Dende setembro de 1.974 ata agora, é dicir, uns 33 anos. P. Poderíanos explicar en que consiste o seu traballo? Ten moitas tarefas. Primeiro, acender a calefacción,  arreglar algunha avería. Despois, facer fotocopias.E atender á xente que ven ó colexio. Ir buscar a correspondencia, abrir e pechar o colexio...   P. Cree que vai botar de menos estar entre os nenos, unha retirado deste traballo?   Creo que si, porque me levo moi ben con todos eles.
Moitas grazas por responder ás nosas preguntas, e quereríamos que soubera que o imos botar moito de menos.


Margarita Lamela foi alumna do Colexio “Eugenio López”. É avogada e na actualidade exerce a súa profesión  en Cee
 ENTREVISTA A:    MARGARITA LAMELA   LOUZÁN      Pregunta. Sabemos que é de Cee e que é licenciada en Dereito. Díganos algo máis da súa biografía.  Estudiei en “Eugenio López” ata 8º de EXB. Logo fixen o bacharelato no Instituto “Agra de Raíces”.  Estudiei sempre en colexios públicos. Fixen Dereito nas Universidades de Santiago e a Coruña.                                                                       P. ¿Que recorda vostede da súa etapa de EXB no noso Colexio?R. Teño moi bos recordos. Recoñezo que fun unha previlexiada porque no colexio tiña contacto cos nenos das parroquias.R. Para poder loitar pola xente que necesita axuda.                                                                     P. ¿Resultáronlle difíciles os estudios de Dereito?    R. Difíciles non, duros si. Estudiaba oito horas diarias. P.  Cando estudiaba ¿Cal era a súa asignatura preferida?   En EXB, as Matemáticas con D. Pedro, e na carreira Dereito Laboral.                                                                                                          P. ¿Que curso lle gustou máis da súa carreira?   O quinto curso.                                                          P. ¿Cal foi  o seu primeiro traballo?   Prácticas nun despacho de avogados.                                           P. ¿Empezou vostede a traballar pola súa conta ou con alguén? Empecei eu soa.                                  P. ¿Cales son os tipos de consultas que máis recibe?  Problemas de traballadores, separacións e dereito laboral. P. Unha vez que escoita o tema que lle expón o cliente ¿Cales son os trámites que ten que seguir?    Trato de arreglar o problema polas boas e sempre pola forma legal.                               P. ¿Que lle gusta facer no seu tempo libre? Ir ó porto de Quilmas a pasear e falar cos mariñeiros.          P. ¿Que é o que máis lle gusta de Cee? R. Do meu pobo gústame todo.                                                P. ¿Gústalle o pobo de Cee para traballar ou preferiría  exercer nunha cidade? R. Gústame Cee para traballar pero recoñezo que é difícil exercer aquí a carreira de Dereito.                                                 P. ¿Sabía que o noso Colexio está informatizado e temos ata impresora na aula? R. Non, acabo de enterarme. -Moitas grazas por atendernos e responder a tódalas nosas preguntas.-Grazas a vós por chamarme.   Esta entrevista foi realizada polos alumnos/as de 5º B
 


   ENTREVISTAMOS A : ÁNGELES PÉREZ
A ENTREVISTA    Este recuncho periodístico da nosa revista hoxe leva nome  de muller, Ángeles Pérez Barrán. Ángeles é unha ex alumna do noso colexio, que, logo de estudiar o bacharelato no Instituto Agra de Raíces, realizou estudios universitarios de Ciencias Económicas na cidade de A Coruña. Actualmente traballa na panadaría Tahona  das Travesas   da  que tamén é propietaria. Mais que da súa historia persoal, que  algo tamén lle   tocará contar, imos preguntarlle polo seu traballo actual.
    Ent.: Por que elexiches ser panadeira de profesión? Ángeles: Eu crieime nunha panadería logo, venme de familia. Cando rematei os estudios estiven algún tempo traballando na   cidade, pero comprendín que o meu era a vida na aldea, que aquí me sentía máis realizada e, xunto coa miña irmá, collín o  relevo aos meus pais.                                                                                                                    E: Entendemos, polo que dis, que che gusta o teu traballo. A: Si, si, gústame moito. A: O mellor da miña profesión é a relación cos clientes. Existe un trato diario e un interese mutuo. O peor sería o horario;  empezo a traballar ás tres da mañá e remato ás tres da tarde.                                                                        E: Ángeles, como se elabora o pan? A: Ponse a fariña, auga, levadura e o sal nas proporcións adecuadas a amasar na amasadora, e logo deixase durmir alí unha   hora. Pasado este tempo, trasladase a masa a unhas bacías donde segue durmindo outra hora. Logo procedemos a facer as pezas  de pan manualmente dándolles as diferentes formas. Por último introdúcese no forno coa axuda dunha pá de mango moi longo e  alí debe cocer durante hora e media.                                                                                                         E: Que tipos de pan facedes? A: Pan blanco, pan integral e pan doce.                                                       E: Cal lle gusta máis á xente?A: Eu supoño que o pan de ovo ou pan doce. E: Que clase de pan vendes máis e cal recomendas para cuidar a saúde?A: Véndese máis o pan blanco. O pan máis saudable é o pan integral.                                                                                                                                                     E: Traballades só o pan ou facedes tamén outros productos? A: Facemos tartas, pan de ovo, brazos de xitano, empanadas, biscoitos…                                                                                                             E: Traballades só o pan ou facedes tamén outros productos? A: Facemos tartas, pan de ovo, brazos de xitano, empanadas, biscoitos…                                                                                                            E: Cal é o pan  máis caro e o máis barato? A: O pan máis caro é o integral, e o máis barato é o pan blanco.                                                                                                                                                     E: Onde comprades a fariña, e qué cantidade comprades cada mes? A: Temos dous proveedores: Reyes de Pontevedra que está intentando que se volva ao cultivo do trigo do país, e outro   proveedor de Zaragoza. Compramos arredor de 3.500 quilos ó mes.                                                                              E: Canta fariña se precisa para facer un quilo de pan? A: Uns catrocentos gramos.                            E: Que clase de forno usades? A: Temos dous tipos de forno: un de gasoil e outro de leña. O   de gasoil ten tres pisos e o de leña ten dúas portas; unha é a  hornilla por onde se mete a leña e outra porta por onde entra a   masa e sae o pan.                                                                                                                          E: Tes empregados/as na panadería? A: Somos catro mulleres: miña irmá, dúas empregadas e máis eu. E: Están contentas co seu traballo? A: Eu creo que sí. Unha leva vinte anos conozco e outra cinco. Formamos un equipo; temos unha relación de amizade e fóra do traballo tamén pasamos momentos xuntas.                                                                                                                                                      E: Toca vender o producto. ¿Como se fai a venda? A: Temos despacho na panadaría, pero a maior cantidade   véndese de reparto polas casas.                                                                                               E: Xa sabemos que che gusta o trato coa xente, ¿lembras   algún cliente especial por simpatía ou polo contrario? A: Sempre hai algunha persoa esixente, pero iso non conta.   Pero agora venme á memoria un cliente moi especial. É un señor viúvo que vive só nunha aldea do val de Sardiñeiro. Chámase Alberto. E sempre está traballando, moi contento de poder facelo. Eu  admiro a súa personalidade e a súa forma de afrontar a vida.
LEMBRANZAS DE COLEXIALA
E: Que recordas do paso por este colexio? A: Recordo que estudiei aquí sétimo e oitavo de E.X.B. e que nunca estudiara galego (daquela non era obligatorio). Dábame clase  de galego don Ramón, que tamén nos ensaiaba teatro de títeres con monicreques que nós mesmos construiamos.                                                                                        E: Gardas un bo recordo? Algunha anécdota simpática?A: Recordo ós profesores: don Agustín que me ensinou a amar a Química, e a dona Marisa pois con ela levei o primeiro suspenso,   pero isto tamén me axudou e cheguei a sobresaír en Matemáticas.Como anécdota lembro que un día, algún compañeiro/compañeira   dedicouse a tirar boliñas de plastilina ao teito da clase e a profesora obrigounos a ir pola fregona e limpalas.                                                                                                                           E: Sempre fuches boa estudiante? A: Se te refires a sacar boas notas, sí.                                              E: Que asignaturas che gustaban máis?  A: Lingua, Matemáticas e Sociais.                                          E: Os estudios de Económicas sonche útiles para a túa profesión actual? A: Claro que sí, en calquera empresa ou traballo, o mesmo que para a vida os estudios sempre son necesarios e moi útiles.                   E: Que afeccións tes? Gustanche os animáis? A: Sí, de feito teño tres cans, dous gatos e un capón, e gustaríame ter un cabalo. E: Ángeles tes algún tempo libre? A: Sí, todo é cuestión de organizarse. Teño os domingos libres e no mes de outubro collo ás vacacións. Quero dedicar todo o tempo posible a criar aos meus fillos, pois teño un neno de un ano e medio e vou ter outro.                                                               E: Grazas por atendermonos e  falar connosco. A titoría de 5º B coa entrevistada.

http://www.geocities.ws/revista_cee/lupe.htm
 ENTREVISTA    Neste número, os alumnos-as de 6º C entrevistamos a:
GUADALUPE DÍAZ BLANCO.
Guadalupe Díaz é profesora de Biología no Instituto Fernando Blanco de Cee. De pequena estudiou no Colexio “Eugenio López”. Entrevistadoras. A que se adica? Guadalupe. Son  profesora de Bioloxía  no Instituto Fernando Blanco.                                                                                                   E. Que recordos ten do Colexio Eugenio López? G. Teño moitos e moi bos recordos. Tamén recordo os profesores que me deron clase, como D. Juan, Dª Lucita e algúns que xa están retirados.                      E. Que asignaturas lle gustaban máis e cales menos? G. A que máis me gustaba era Ciencias Naturais; pero ningunha me disgustaba.                                                                                                                    E. Xa pensaba de pequena adicarse á ensinanza? G. Non, non sabía o que ía ser de maior.                 E. Gustáballe vir ó Colexio? G. Sí, si que me gustaba. Comía no comedor escolar, tiña moitos amigos-as,…                                                                                                                                              E. Traballou noutros centros antes de vir para o IES “Fernando Blanco”? G. Sí, en dous ou tres centros.  E. A que cursos lles da clase? G. Dou a todos, porque en “Fernando Blanco” hai desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato.                                                                                                                      E. Que curso prefire para dar clase? G. Prefiro os maiores, os de 2º de Bacharelato.                            E. Leva moito tempo dando clase?    G. Desde o ano 1996 ata agora.                                                    E. Que lle gusta facer no seu tempo libre? G. Gústame sair, pasear, ir ó cine, o teatro,… pero últimamente non podo fai dous meses tiven un neno. Por ese motivo agora estou de baixa e non dou clase. E. Non se cansa de dar sempre a mesma asignatura? G. Non, a materia que elixes sempre che gusta. O que pasa é que dentro dunha materia hai moitisímas ramas, entón co tempo vas afinando que cousas che gustan máis ou menos.                                                                                                                               E. Que tema lle gusta máis da Bioloxía? G. Os animais foi o que sempre me gustou, pero co tempo descubres que hai cousas interesantes en temas relacionados ca alimentación, ca Bioloxía Molecular,...         E. Pensou algunha vez en cambiar de traballo? G. Non. Tería que ser por algo que me gustase moito máis e relacionado ca Bioloxía.                                                                                                                   E. Gustaríalle ter a súa filla de alumna cando sexa maior?  G. Non.                                                    E. E se fora posible, volvería de novo ó Colexio? G. Non. Creo que cada etapa ten o seu momento, e me gusta recordalos, pero non volvería para atrás. E. Moitas grazas por vir e concedernos esta entrevista.
Entrevistadoras: Sonia, Jennifer, Noelia e Nerea. 
(Publicada no número 18, de “O REMUIÑO”. Xuño de 2004)


 ENTREVISTA:
DIEGO ANDRADE CANOSA.
 http://www.geocities.ws/revista_cee/diego.htm
Diego Andrade foi alumno do noso Colexio. É enxeñeiro informático pola Universidade da Coruña, alí traballa na actualidade.
Recentemente estivo na China por motivos de traballo.
 Pregunta. Para que te coñezan os alumnos e alumnas do noso Colexio e os lectores da nosa revista REMUIÑO, gustaríanos que nos deras algúns datos biográficos.
Resposta. Nacín aquí en Cee, en 1977, e aínda resido  eu e máis a miña familia. Teño 27 anos. En Cee estudiei EXB neste Colexio “Eugenio López” e logo o Bacharelato no Instituto “Agra de Raíces”. Despois fixen a carreira de Informática na Universidade de A Coruña.
 P. Diego, gustaríanos que lembraras o teu pasado. Como eras de neno? Recórdome fisicamente como un neno delgado e revoltoso que non destacaba moito nos deportes, de feito non sabía xogar ó fútbol. Agora tampouco sei, pero si gústabame xogar ao baloncesto. Con relación ós estudios, a partir de 3º de EXB, fun un neno bastante estudioso.
P. En que consiste o teu traballo?   No meu traballo hai unha cousa que se chama Ciencia Básica. Trátase de investigar, crear novas ideas para que a ciencia avance. P. Do teu traballo, que é omáis fácil e o máis difícil?   O máis fácil e cómodo e estar sentado, conectado a Internet sen problemas de horarios. O máis difícil é crear algo onde non había nada.
P. Cando somos nenos preguntámonos que queremos ser de maiores. A idea de ser enxeñeiro informático, estaba xa na túa cabeza?  Non. Cando era pequeño non sabía o que é ser enxeñeiro, pensaba en cousas máis sinxelas, pero a min gustábame xa traballar nun ordenador.
P. Sabes que o noso Colexio está totalmente informatizado?  Si, porque teño dous sobriños estudiando aquí.
P. Que pensas ti da introducción da Informática na Educación Infantil e Primaria?  Penso que é algo moi positivo, porque cando lle explico algo nun papel ós meus sobriños, resúltalle un pouco aburrido e non atenden, en cambio, se llo explico cun xogo no ordenador, entenden mellor e aprenden dun xeito máis divertido.
P. Gustaríache ser profesor de Informática na nosa escola?   Ademais de investigar, tamén dou clases de Informática nun colexio privado da Coruña. Desde 1º de Primaria ata 1 de ESO, e dar clase é máis difícil do que parece.  
 Entrevista publicada no Remuiño, nº 19, en xaneiro de 2005. Feita por 6º A

  Roberto González  co grupo de 6º C
 ENTREVISTA A:  http://www.geocities.ws/revista_cee/roberto.htm
ROBERTO GONZÁLEZ   LÓPEZ
  Roberto González foi alumno do noso Colexio. Na actualidade é un importante empresario no ramo da Hostelería.
 Pregunta. ¿A que se adica?  Adícome a hostelería, teño unha empresa con dous pubs, unha cafetería e un bar.  Tamén penso crear pronto unha empresa adicada a negocios inmobiliarios.
P. ¿Custa buscar empregados? Si, porque a xente ten que ter ganas de traballar. O empresario pregunta e selecciona os empregados.
P. ¿Hai normas de hixiene nos negocios?Si, e son moi estrictas porque o que se vai comer ten que estar en perfecto estado e ser de boa calidade. Os camareiros deben ter moita precaución, lavar as mans, e manter limpo o mobiliario.
P. ¿Apoiarano á hora de elexir o traballo? Si, e déronme bos consellos. O meu pai foi hosteleiro, tivo o café The Best, e sempre –el a miña nai- me aconsellaban acerca dos camareiros. En caso de algún problema dicían:”templanza”. Foi grazas a eles polo cal cheguei tan lonxe e a ter tan bos negocios.
P. ¿Como se lle ocorreron os nomes das empresas?  “Mac Robert”, foi cousa do decorador. Copia un pouco o de “MacDonald”, co Robert polo meu nome.
O de “Kronos” como Deus do tempo, o decorador dicía que alí a xente ía pasar moito tempo. Para o “Cosmos”, veu por ser tan grande, como o cosmos. Por último para o “Micos”, foi xogando con letras sobrantes.
P. ¿Viaxa moito a causa do seu traballo?  Si, case todos os días a Santa Comba. Porque teño alí locais, e hai que preparalo todo. E cando vou de vacacións, fíxome noutras empresas de hostelería para poder aplicar novas ideas nos meus establecementos.
P. ¿Poden entrar os menores nos pubs?  Non, non deixamos entrar ós rapaces menores de 16 anos. E aínda que veñan acompañados de maiores non poden tomar alcohol.
P. ¿Que é un pub?  É un “bar”  no que se pon música actual e vaise a tomar algo ou incluso a ligar.
P. ¿Gustaríalle ter máis negocios?  Si, por ambición. Pero, por outra parte, non. Porque tería que quitar tempo libre o ver menos a miña familia. E agora, como teño un neno de nove meses e medio, pois gustaríame pasar máis tempo co meu neno. Pero quizais no futuro si podería abrir outros negocios.
P. ¿Por que se adicou a esto?  Por casualidade, porque eu quería estudiar Arquitectura, pero suspendín unha e non puiden seguir estudiando. Tiña que esperar un “ano sabático”  e non quixen  estar sen facer nada e aluguei unha cafetería (Alameda)  e ata agora ségome adicando a eso.
P. ¿Se tiveras aprobado seguiría estudiando?  Si, seguro que seguiría. Pero agora mesmo non o cambiaría. Todos nos preguntamos ¿que tería pasado na miña vida si...?
P. ¿É moi difícil ser hosteleiro?  Non o é para a xente que está acostumada. Exactamente igual que ocorre para un albanel ou para un médico
P. ¿Que é o que máis lle gusta do seu traballo?  O que máis me gusta e o contacto con todo o mundo. Porque ó traballar neste oficio coñezo todo tipo de persoas. Políticos como Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia; Beiras, Camilo Nogueira... pasaron pola cafetería; turistas que o falar con eles descubro se son persoas interesantes ou non, boas ou malas...
P. ¿Cantos empregados ten?  Teño 22 empregados entre todos os meus negocios.
P. Que quería ser de neno?  Quería ser futbolista e mira que casualidade que non me gustaba ser camareiro. Ademais meu pai tiña un bar e eu axudaba e cando decidiu cambiar para carpinteiro, quedei moi contento.
P. ¿Cales foron os seus mellores recordos da cando estudiabas neste Colexio?  Son moitos, pero vou seleccionar tres. O primeiro, a miña profesora de cuarto da EXB, que me dou grandes consellos. Esta profesora era Dona Aurora. Un dos consellos que me dou foi: Cando eu ía en cuarto, sempre me xuntaba cuns amigos que eran moi gamberros, na clase sempre estaba falando con eles en non lle prestaba   ningunha atención á profesora. No patio sempre estaba metido en líos.Un día a maestra castigoume e prohibiume andar máis con eles, porque así iría por mal camiño. E agora que son maior deime conta que a maestra tiña toda a razón. Si seguira polo camiño que ía, acabaría mal, moi mal.Menos mal que recapacitei a tempo.
Un segundo recordo e cando xogaba cos seus amigos e compañeiros de clase partidos e competicións, recordo que unha vez ganamos un campionato Outro dos mellores recordos é o dos compañeiros que tiven durante tantos anos, os meus mellores amigos...
 P. ¿Fixo moitas “chuletas” de rapaz?  Si, algunha fixen. E ademais teño algunhas anécdotas que non  vou esquecer.
P. ¿Facíalle trasnadas ós profesores?  Si, pero unha que recordo en especial foi a seguinte. Na navidad, o profesor de Relixión,  sempre traía algunha cousa para sortear. Eu e máis un amigo vímoslle no maletín almendras e collémosllas sen que se dera conta e comémolas. Ó facer o sorteo tocoulle a un compañeiro, e cando D. Víctor as foi a coller non as encontrou e empezou a buscalas coma un tolo por todas as aulas e nós non aguantábamos coa risa.
P. ¿Cales son as súas afeccións?  A fotografía é un hobby que fago porque me gusta. Vou a distintos sitios da Costa da Morte e sácolle fotos a natureza... e logo vou o meu laboratorio caseiro de branco e negro, que da fotografías mellores que a dixital. Tamén me gusta o taekwondo, que practico nun ximnasio.
(Entrevista publicada no Remuiño nº 21, xuño de 2005. Feita por 6º
ENTREVISTA A:
MARÍA LARIÑO ARES.
 http://www.geocities.ws/revista_cee/larino.htm
Unha ex-alumna do noso Colexio.
Formou parte do grupo de teatro TALÍA. Licenciada en Ciencias Empresariais.
Na actualidade ten unha Asesoría en Cee.
O noso profesor xa nos falóu de ti, pero para que te coñezan os nenos e nenas do noso Colexio e os lectores da revista“REMUIÑO”, gustarianos que nos deras uns datos biográficos teus.
Nacín en Cee en 1975, onde resido eu e maila miña familia. Teño 30 anos.    Fixen os meus estudios básicos no colexio “Eugenio López”, e de bacherelato no IES “Agra de Raices”. Despois fixen a carreira de Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago,
María, gustaríanos que nos falaras un pouco do teu pasado, de cando eras nena coma nós. Era unha nena baixa, máis gordiña que agora e non era comedora. Era unha nena estudiosa e tranquila, gustábame moito ir ó colexio, ler, facer teatro e ir a praia no verán.
Cando eras nena,¿que querias ser de maior?¿Tiñas xa a idea de dedicarte á xestión  de empresas? Non. Cambiaba de opinón continuamente. Un día queria ser bailarina; outro, profesora; outro, periodista,...ao final decidínme por esto que fago agora.
¿Que recordas da túa etapa no noso colexio? Pasábao moi ben. Gustábame moito escribir e participar nos concursos. Non me gustaban as clases de Educación Fisica e menos ainda correr.
¿Por que elixiches estudiar a carreira de Ciencias Empresariais? Porque naquel momento había moita demanda desde tipo de traballo e porque me permitía facer actividades moi diversas.
¿Resultáronche dificiles os estudios? Non, porque era moi estudiosa. Dedicáballe tódolos días un tempo ó estudio. Levaba o traballo ó dia.
Maria ¿que é unha oficina de xestión administrativa? É unha oficina para asesorar os clientes dos trámistes administrativos e tamén para facerlle esas xestións eu, directamente, ante distintas administracións públicas:.facenda, traballo, tráfico ,etc...
 ¿Cal foi o teu primeiro traballo? O meu primero traballo foi de caixeira nunha entidade bancaria. Despois traballei para unha xestoria e na actualidade teño  a miña oficina de xestión administrativa.
Gústache traballar nun pobo ou  gustariache mais traballar nunha cidade? Para traballar dame o mesmo, pero para vivir gústame máis o pobo.
¿Que che gusta facer no teu tempo libre? Ir ó cine, pasear, ler, viaxar...; cousas que lle gustan  facer a maoiría da xente.
O noso profesor contounos que che gusta moito o tetro, que eras membro dun grupo chamado TALIA  de Cee e que actuaras en moitos sitios. Cando estaba no noso colexio,¿xa facias teatro? Si, empecei a facer teatro cando estaba en sétimo de EXB e fixen teatro ata fai pouco.
O Grupo de teatro onde actuabas, ¿ainda segue? Si, ainda segue, pero agora  é un grupo profesional. Ó principio o grupo de teatro onde eu participaba era un grupo de teatro para nenos afeccionados.
¿Gustariache ser actriz de teatro en vez de ser asesora empresarial?  Si gustariame, pero hai que ter cualidades para iso e,  ó mesmo tempo, ter moita afección.
 Entrevista feita pola clase de 5º A.

José Formoso Mourelos,  foi alumno do CEIP EUGENIO LÓPEZ. Na actualidade é director de Radio Nordés – Cadena SER.
 http://www.geocities.ws/revista_cee/formoso.htm
ENTREVISTA A: PEPE FORMOSO
Pregunta. Acórdase dos profesores que tiña vostede cando viña a “Eugenio López”?  Si. Acórdome de Dona Elena, Don Vicente –que era Director-, Dona Maruja, Don José Fuentes e o meu profesor favorito Don Agustín.
P. Cando vostede era pequeno, ligaba moito?   Os primeiros amores nunca se esquecen. O meu primeiro foi unha rapaza deste colexio.
P. Gustáballe ir o patio?  Si, gústabame xogar ó balonmán e o fútbol sala. Daquela había competicións comarcais e un ano participamos nunha selección comarcal. Había competicións con colexios da zona: Fisterra, Pindo…
P. De non traballar na Radio Nordés, en que lle gustaría traballar?  Eu estou moi satisfeito con traballo que teño. A radio xunta todo tipo de programas: informativos, deportivos, publicidade… Se estudias para exercer algunha profesión e logo non che gusta… tedes que pensar moi ben o que ides estudiar.
P. Fixo algunha excursión estando na Escola?  Cando fixemos 8º fomos a Madrid. Visitamos Toledo e vin o cadro do Greco “O enterro do conde Orgaz”, que me impresionou moito. Tamén recordo que fomos ó Parque de Atraccións de despois de subir a algunha atracción dicíame a min mesmo: porqué subiría?
P. Que xogos facían vostede e os seus compañeiros cando eran da nosa idade?  Nos recreos xogabamos ó trompo, a peta, a churra, a tirable, ás bolas…(Explica en que consisten estes xogos).
P. Que quería ser de maior? Quería ser aviador. Gustábanme moito os avións, pero cando tiña catorce ou quince anos, pensei que eran demasiados perigosos.
P. Cal  foi o seu primeiro traballo? De pinchadiscos. Primeiro para gañar diñeiro para unha excursión e logo xa quedei traballando. O primeiro soldo foron 2500 pesetas. Os domingos nas salas de festas había dúas orquestras, logo cando só traían unha, eu tocaba nos descansos da orquestra. Empezaban ás dez da noite, a xente ía ó cine e logo a sala de festas que pechaba ás dúas e media da  madrugada. Como non había coches a xente usaba como transporte os autobuses.
P. Que lle parecían as clases?  Ben, pero non podes comparalas. O colexio viñas convencido, querías aprender.
P. Ten  moitos amigos de aquela época?  Si, aínda falo con moitos deles. Ademais seguimos xuntos tamén no Instituto ata os dezaoito anos.
P. Facían festivais no Colexio?  O Magosto non se celebraba. O Nadal si.
P. Cando era pequeno, algunha vez inundouse Cee ou arderon os  montes?  Os montes si que arderon, pero non tanto como esta vez. Cando había lumes viña o hidroavión do ICONA. En canto ás inundacións, daquela non existía o actual recheo. Nós nadabamos diante da Igrexa, por Ponte Globa...
P. Vostede, a que anos empezou a traballar? En que?  Empecei a traballar ós dezaseis anos, no mundo da noite, nas discotecas porque cando facía 3º de BUP había que xuntar diñeiro para a excursión e nunha ocasión fixen de pinchadiscos. Ó dono da discoteca gustoulle como o facía e empecei a traballar. Os locais de moda entón eran a sala de festas A Xunqueira, A Marina e Dover. Recordo momentos neste traballo moi bos. Así decidín poñer un pub e ser DJ. No pub Guetto poñía só rock and roll e jazz, non pachanga.
P. A vostede que oficio lle gustaba máis: de DJ, no pub, en Radio Nordés ou outro?  En realidade, en cada momento disfrutei do traballo que facía. Primeiro traballei na discoteca, abrín un pub cun amigo. Despois e o mesmo tempo que estudiaba Informática de Xestión , no Liceo La Paz (na Coruña) traballei na radio local de Culleredo. En 1993 fundei Radio Neria, e traballaba tamén no pub.
 P. Como funciona Radio Nordés?  Hai dous tipos de emisoras. A convencional e a radio fórmula. A radio fórmula  consiste  na repetición dun producto ó longo de todo o día. Ás horas en punto sempre soa o número 1 (40 Principais). Pero Radio Nordés é unha emisora convencional. Ten informativos, musicais, deportes, sorteos...
P. Como se fai un programa de radio?  O máis importante é ter unha idea e logo desarrollala. Por exemplo, un programa de contos. ¿Que necesito? Escolles uns personaxes, escribes o conto e o guión. O problema da radio é que hai que interpretar durante moitas horas e ter moitas horas de ensaio, finalmente hai que gravar e escoller un día para transmitilo.
P. Como se consigue a  información na radio?  O máis importante é, que o que ti digas a xente o crea. E cando hai algunha noticia para saber a verdade, sempre hai que preguntarlle directamente a personaxe, iso chámase contrastar a información. Non podes inventarte a información. O primeiro é preguntarlle ós protagonistas e segundo preguntarlle ós achegados. Contrastar sempre a información  e non deixarse levar por rumores.
P. Como chegou a ser director de Radio Nordés?  O goberno sacou unha licencia para FM na Costa da Morte e presenteime a título persoal. Pero non me tocou, cando souben a que empresa lla deran contactei coa Cadena Ser e chegamos a un acordo xa que o meu proxecto lles convenceu. Radio Nordés é a única emisora da Ser en galego.
P. Como director de Radio Nordés, cal foi a noticia que máis lle impresionou?  O afundimento do Prestige. Falas para Cadeas de radio de outros países, contactan con Nordés. P. Que é o fundamental para o seu traballo?  A dedicación. Para este traballo e para calquera. Ter moita ilusión, que che guste.  Con Fran Hermida, Radio Nordés
P. Divírtese gravando os programas en Radio Nordés?  Pásoo como un anano. Nunca sabes o que,  por exemplo, poder dar unha persoa nunha entrevista. Nesta o máis difícil é conseguir que o entrevistado non estea nervioso, e estea a gusto.
P. Cal é a clase de libros que máis lle gusta?  Os de ciencia ficción e os de suspense, pero non son un gran lector. Dedico moito tempo a música. O último libro que lin foi “O principiño”.
P. Cal  é a súa afección favorita?  Teño moitas. Fago submarinismo con botella de osíxeno; esquío, polos Alpes... Tamén teño un quad, co que fixen dúas veces o Camiño de Santiago, desde Francia e pola Ruta da Prata. Sempre reivindicando que o Camiño acaba en Fisterra - Muxía. Os peregrinos recollían a cuncha de vieira na praia de Langosteira...  para demostrar que fixeran a ruta. 
P. Para min a parte máis divertida do horario de clase é o recreo. Para vostede cal foi?  A experiencia de pasar por aquí. O primeiro amor...Os nervios dos exames... aínda que eu era un bo estudiante.
P.  Se quero ser periodista, que teño que facer?  Estudiar moito, sacar na selectividade unha nota moi alta, 8,5 e ter vocación.
P. Gustábanlle as Matemáticas?  Non. Gustábame a Física e Química.
P. De pequeno, coleccionaba  cromos?  Si. Os que máis me gustaban eran os da Pantera Rosa.
P. Cal é a súa música favorita?
R. Teño un grupo de cabeceira: CAMEL, un grupo de rock sinfónico. Agora, os RED HOT CHILI P. Cal  é a súa canción favorita?
R. Lady Fantasy, do grupo Camel.
 Grupo de 5º B  con  PEPE FORMOSO

ENTREVISTA CON: PÍO NOGUEIRA.
   //www.geocities.ws/revista_cee/pionogueira.htm
Rubén – Pío, cando eras neno e viñas a este colexio, que pensabas ser de maior?. Pensaba ser camioneiro, tiña moitos coches de xoguete e a miña ilusión era ser camioneiro. Ainda que non pareza moi orixinal. Pablo – Que lembras deste colexio: profesores, compañeiros, deportes...etc   -Lembro  algunhas profesoras: doña Emiliana, doña Marita, doña Esther, doña Inés..... Tamén lembro que sempre saiamos cinco minutos antes para ir tocar a serea e nos pelexabamos por tocala, se Manolo nos deixaba.
Iván – Lembras a participación nalgún festival ou competición deportiva?  -Si, lembro varias anecdoctas. Unha fora en terceiro curso, no Antroido coa canción “Imos contar mentiras”. Cantabamos Jorge Dofer a máis eu, e con él que era moi simpáctico o público escachaba de risa e conmigo non. Outra anécdota foi nunha actuación, na que eu caín, e a xente desta vez si que se ríu. Tamén lembro unha entrevista para a radio con motivo do accidente do “Casón”, un caso parecido ó actual Prestige. Melani – Que materias se che daban mellor?  -Eu non era moi bo estudante, pero gustábame as matemáticas, a física e a química, que por certo está relacionada coa xoiería.p;  Alba Trillo – Despois da E X B, que outros estudios realizaches?  -Estudiei bacharelato e solicitei praza na Universidade Industrial de Barcelona, onde estudiei cinco anos para facer Especialista en Artes Plásticas. Alba Paz – Contanos algo da túa estadía en Barcelona.  -Os primeiros meses paseino moi mal, só pensaba en volver a Cee. Todo me resultaba moi difícil e novidoso. Pouco a pouco fun acostumándome e chegou a resultarme unha experiencia marabillosa tanto persoal como profesionalmente. Traballei en Tiffany  &  Co. con deseños para Estados Unidos, alí fixen amigos e aprendín moito.  É moi importante estudar e prepararse para poder elixir na vida. Alba Martíns – Influíu que teus pais foran xoieros para seguires ti coa tradición familiar da xoiería? -Si, radicalmente. Se os meu pais non fosen xoieiros eu estudiaría outra cousa pero dende neno pasaba os veráns na xoiería, ás veces castigado polos suspensos e meu pai ensinábame todo o referente as xoias. Hui Chen – Canto tempo levas traballando na xoiería?  -Como vos decía antes, levo toda a vida na xoiería pero rexéndoa ano e medio, dende que vín de Barcelona. Rafael – Fálanos das túas ferramentas: cantas tés aproximadamente, cales usas máis, para que serve o crisol...?  -Utilízanse moitas ferramentas: soprete, que serve para fundir o ouro no crisol, e mais para soldar; os laminadores, para darlle forma ó metal; a lastra, serve para darlle forma ós aneis e as pulseras; as limas, os alicates, as máquinas de pulir, lupas, pinzas, brocas, fresas que non son as de comer... Melina –Que che gusta máis, arranxar reloxos ou facer xoias?  -Realmente o que arranxa reloxos é meu pai; eu fago xoias e gústame moito. Miguel –Deseñaches algunha xoia da que te sintas orgulloso?  -Deseñei unha balanza antiga en madeira e prata, era o meu proxecto de fin de estudos, e estou moi orgulloso de esa peza. Cristina – Por que é tan cara a xoiería: por os materiais usados ou polo traballo?-Por ambalas dúas cousas: o ouro é moi caro, ven de moi lonxe, pasa por moitos intermediarios que teñen que gañar; e tamén o traballo e o deseño hai que pagalo. Paula – Podes decirnos se hai algún ouro mellor ca outro?   -O ouro que se traballa e ouro de dezaoito quilates, que está formado por: un 75% de ouro de vintecatro quilates mais unha aleación dun 25% de prata e cobre. Dependendo de como se faga esta aleación temos tres tipos de ouro: 
*ouro verde 75% ouro de 21 quilates mais 5% de cobre mais 20% prata. *ouro amarelo 75% ouro 21        “     mais 15% prata mais 10% cobre *ouro vermello 75% ouro 21       “     mais 20% cobre mais 5% prata.
Por último o ouro branco, que como tal ouro non existe, seria ouro mais unha aleación de paladio e unha capa de rodio.& Esteban – Existe algunha técnica para fabricar xoias dunha maneira máis fácil?  -Existe a técnica de microfusión  empregada novamente agora, pero que procede da cultura precolombina, xa utilizada polos antigos maias. Realízase un molde en cera (moi fácil de moldear). Recóbrese con xeso e logo cunha máquina inxectase o ouro e este funde a cera e pasa ocupar o lugar dela quedando así a peza feita. Aarón – Tés moitos clientes? Compran máis as persoas maiores ou a xente nova?  -Nunca hai moitos clientes pero eu non me queixo. Eu vendo mais para a xente maior polo tipo de pezas que temos quizás nas outras xoierías vendan máis para a xente xoven.Martín – En que épocas do ano se venden máis?  -Vendemos moito no Nadal, no día da nai, no día dos namorados, e sobre todo no verán, porque os extranxeiros, sobre todo de América e Alemaña, aproveitan de mercar e arranxar aquí porque aló o ouro é moi caro. Pilar – Se che ofrecesen un traballo gañando o dobre, deixarías o que tés?   -Depende do traballo, pero non deixaría a xoiería a non ser que me fose mal e voltaría ó meu antigo traballo en Barcelona. Tania – Entramos no apartado da seguridade porque ultimamente as xoierías son moi cobizadas polos ladróns. Que tipo de seguridade tes, tes camaras de vixiancia? -Teño dúas alarmas, unha conectada coa policía, caixa forte, cristais blindados, reixas, e cámara de vixiancia. Rubén – Escondes as xoias para evitar roubos? -Escondelas non, pero as de gama alta téñoas ben gardadas. Miguel – Terás pólizas de seguro, son moi caras? -Carísimas, prohibitivas pero algunha hai que ter. Martin – Entraron algunha vez a roubar no teu establecemento? -Toco madeira. Nunca tivemos ningún atraco, só unha vez lle roubaron un reloxo de ouro estando meu pai na xoiería. De todas formas meu pai dí que hai que ter medo os ladróns de día porqué os ladróns de xoierías son moi agresivos e pódenche facer dano e pola noite solo che faran perda. De todas formas hai que ter certas preucacións.
Pío, moitas grazas por te someteres a este interrogatorio. Cando teñamos cartos seremos os teus mellores clientes; pero entretanto, que teñas moita sorte.

http://www.geocities.ws/revista_cee/luchiweb.htm
Entrevista con: Dª EMILIA ATÁN LESTÓN
Luchi estudiou no Euxenio López fai moitos anos, agora é traballadora na cadea de supermercados Froíz, nun dos seus establecementos de Cee.
Entrevistadores: Aula de 5º A
-¿Cal e o teu nome? ¿Onde naciches? ¿Onde vives? Chámome Emilia, Emilia Atan, nacín en Brens e vivo en Cee dende que me casei.
P. ¿De donde ven o nome de Luchi? Luchi ven de Emilia. O meu pai quería chamarme como  a miña avoa.
P. ¿Gustábache vir a este colexio? ¿Gustouche estar neste colexio? Si moito, este cole gústoume moito, e paseino moi ben aquí, foron os mellores anos.
P. ¿Qué materia che gustaba máis?¿E que curso? Todas, gustabanme todas as materias. O curso que máis me gustou foi 5º.
P. ¿Cando estabas neste colexio tiñas moitos amigos? Si, moitísimos.
P. ¿A que xogábades?¿Había moitos deberes? Xogábamos a mariola, a bomba, a corda , a churra…. Había moitos máis deberes que agora.
P. Cando estabas no cole,seguro que fuches a algunha excursión.¿Das excursións que fixeches no cole cal che gustou máis?¿e que recordas dela? A excursión que máis me gustou foi a que fixemos en oitavo,cando fomos a Madrid ; foron uns días moi divertidos e distintos. Gustoume moito porque estiven convivindo cos meus compañeiros de cole .Das cousas que vimos e que fixemos o que máis recordo é  o parque de atraccións alí montei en todas as atraccións.
P. ¿En que pasabas o tempo libre,gustábache ler, facer deporte? Gustábame  xogar,e tamén ler pasabao moi ben lendo,era moi divertido
P. ¿Qué querias ser de maior? As veces mestra, outras veces azafata, outras  contable,non o tiña moi claro.
P. ¿Qué estudos fixeches e onde os realizaches? Fixen E.X.B no Euxenio López, bacherelato no instituto de Cee e administrativo en Fernando Blanco.
P.  ¿Levas moitos anos traballando? Si, xa levo 16 anos.
P.  ¿En que consiste o teu traballo? ¿Gústache? O meu traballo consiste en  conseguir que o Froiz funcione ben, é dicir, que todo estea en orden, colocada cada cousa no seu lugar, atender ós proveedores,  facer os pedidos...O traballo gústame  moito.
P.  ¿Cómo levas o trato cos clientes? Moi ben.
P.  ¿E cos compañeiros? Cos compañeiros de maravilla, funcionamos como un equipo de fútbol.
P. ¿En que momento do día tes máis traballo? Temos traballo todo o día, pero cando máis hai é pola maña das 10:00 as 12:00.
P.  ¿Cal é o voso horario? ¿Como o compaxinas coa túa vida familiar? De 9:00 a 14:30 pola maña, e pola tarde de 16:30 a 21:00. Pero non temos todos o mesmo horario,  traballamos a turnos, e tamén temos o noso día libre. Coa familia  aproveito o maior tempo que podo para estar con ela.
P.¿Cómo funciona osupermercado? É o punto de encontro entre os clientes e os traballadores. Os traballadores deben ser amables para que os clientes se sintan a gusto e volvan. Reponse o producto; é rutina: a froita, a carne , os iogures e as verduras, cada un no seu sitio,mírase o que falta nos distintos estantes, fanse os pedidos  e despois o que queiran os clientes. Polo día chegan máis camións que hai que descargar e colocar os productos.....
P.  ¿Séguese algunha orde para colocar cousas  nos andeis? Si, todo ten o seu lugar de  colocación. Nas cabeceiras van as ofertas; As compras por impulso: chicles, chupas,van xunta as caixas rexistradoras; abaixo as cousas que máis se venden e no centro, a altura da vista, as cousa que menos se venden.
 P.  ¿Tendes quen vos asesore para facer os cambios de decoración do supermercado? Si, claro, detrás de todos nós están os publicistas. As cousas colocanse como queiran os publicistas segundo a estación na que     estemos ou  o momentos que nos atopemos, poñemos unhas cores ou outras e cambiamos o decorado.
P. ¿Cales son as túas afeccións:  viaxar, facer deporte, ler, pescar, ir a praia...? Gústame ver cousas distintas,viaxar, pasear por Brens, ler, etc.
    Moitas grazas. Luchi
ENTREVISTA
Dª Mª Junquera Cambeiro Tarrela  é concelleira  de emprego no concello de Cee. Estudou no C.E.I.P Eugenio López. É licenciada en Filoloxía inglesa e estudou Maxisterio.
Ímoslle facer unha pequena entrevista.
Que recordos tes da túa infancia no colexio? O cambio que supuxo vir da unitaria de Brens a un colexio tan grande.
Cales eran as materias que mais e que menos che gustaban? A que mais me gustaba era historia. A profesora doña Maruxa contaba e explicaba a historia coma se fora un conto. Facía a materia moi divertida. Tamén gustábame moito o inglés. A Educación  Física era  a asignatura que  menos me gustaba.
Recordas algún dos teus profesores?Teño moi bos recordos de dona Ana Díaz, deume clase 3º,4º e 5º, foi a miña primeira profesora cando cheguei de Brens. Tamén recordo con moito agrado a dona Maruxa que facía as clases moi divertidas.
Pderías contarnos algunha anécdota do teu paso polo colexia? Antes de empezar as clases sempre rezábamos. Tamén recordo o pavillón novo, que era onde estaban os maoires de 7º e 8º.
Por que decidiches estudar maxisterio? Primeiro fixen filoloxía inglesa. Pero a miña intención era dar clase aos nenos de primaria e para eso necesitaba ter os estudos de maxisterio.
E por que estudastes filoloxía inglesa? O inglés resultábame unha asignatura moi doada. Nunca tiña que estudar e sempre aprobaba.
-Por que te dedicaches ao mundo da política? Chamáronme para formar parte dunha lista e considerei que a política é a forma de axudar a xente, e a mín gústame moito. O meu carácter é moi aberto, falo con todo mundo, e creo que é vital para a vida política.
Canto tempo levas na política? Agora en San Adrián fixemos un ano que tomamos posesión no concello.
-Se non estudases maxisterio que che gustaría estudar? Algo que tivese que ver cos nenos, como pedagoxía para traballar nunha gardería.
Gústache o teu traballo? Si, gústame moito.
Poderíanos explicar en que consiste o teu traballo como concelleira?
Como concelleira de emprego solicito todas as subvencións que veñen de deputación, da Xunta...
A día de hoxe temos dous obradoiros, un de xardinería e outro de cantería para maiores de 25 anos. E para os menores de 25 anos estamos a desenrolar uns obradoiros. Estamos a potenciar o emprego entre mulleres e grupos menos favorecidos.
Como atopas dende o teu punto de vista a situación de emprego na comarca? O parón da construcción engrosou moito as listas de parados adicados a este sector. A día de hoxe a maioría que non atopa traballo vai para Barcelona.
 Moitas grazas, Junquera.
 
ENCONTRO CUN ANTIGO ALUMNO DO NOSO COLEXIO
http://www.geocities.ws/revista_cee/danielweb.htm
    Cada trimestre, coincidindo coa saída da   nosa revista  REMUIÑO, o alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria invitamos a un antigo alumno/a para coñecer de primeira man  como lle foi  a súa vida desde que saíu do Colexio e  ao mesmo tempo para que serva de motivación a outros nenos e nenas que aínda están estudiando aquí.
    Invitamos a José Daniel Cives  Lago “Dani”  que na actualidade traballa como Garda Civil de Tráfico e así contestou a algunhas das nosa preguntas.

Pregunta.  Dani , o noso profesor xa nos falou de vostede pero, para que te coñezan os  lectores  da nosa revista “Remuíño” gustaríanos que nos deras uns datos biográficos teus.  Chámome José Daniel Cives Lado, os meu amigos  chámanme sempre Dani.. Nacin en Mazaricos, pero desde pequeno residín en Cee. Teño 28 anos.
Estudiei primeiro no Colexio de Manuela Rial, despois cambiei para este Centro de Eugenio López,.fun ao Instituto Agra de Raíces de Cee. Ao 18 anos ingresei no exército de Terra e aos 21 no Corpo da Garda Civil.
P. De pequeno, xa quería ser garda civil de tráfico?  Non, de pequeno quería ser futbolista. Máis tarde cando rematei os meus estudios, primeiro alisteime no exército e despois prepareime para entrar na garda civil. Gustábanme as motos e pensei ser Garda de  Civil de Tráfico.
P. Que lembra deste Colexio: compañeiros, profesores...?  Teño bos recordos dos profesores e dos compañeiros. Moitos deles aínda seguimos sendo amigos. No meu tempo libre gústame saír con eles de marcha pero sen beber alcohol. Daquela xogábamos ao fútbol, baloncesto e ping-pong
P. Que lle gusta máis, patrullar en moto o en coche?  Gústame moito mais patrullar en moto pero é mais perigoso.
P. Os Gardas de Tráfico tamén tedes  accidentes? Si. Temos accidentes coma calquera persoa. Non fai moito tempo caín da moto por causa dunha mancha de aceite na estrada.
P. Por que os gardas de tráfico sempre van de dous en dous coas moto?  É a norma.
P. Que é o mellor do seu traballo? O mellor é o servizo  que prestamos, axudando sobre todo ás persoas accidentadas.
P. Que sinais respetan máis os conductores?  Os sinais de velocidade,  porque as sancións son mais grandes
P. Por ir bébedo conducindo, canto custa unha multa? Depende da cantidade de alcohol que leves no corpo.
P. Quen cumpre  máis as normas de circulación, os adultos o a xente nova? Os conductores/as  adultos
P. Se queres ser de maior garda civil de tráfico que hai que facer? Para ser garda civil de tráfico hai que ser maior de idade, medir mais de 1,70 e  pasar unhas probas . 
A clase de 5º A quere agradecerte a visita ó Colexio, e esperemos que cando nós sexamos conductores non nos teñas que sancionar por cometer infraccións.

Moitas grazas, Daniel.




   http://www.geocities.ws/revista_cee/mariam.htm