5 de dec. de 2017

Comarcal de campo a través

Hoxe, un ano máis, e tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo lugar no campo de fútbol de San Paio de Refoxos de Cee a proba correspondente á fase comarcal de campo a través, cunha participación de máis de 900 nenos de idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.As entidades participantes foron as seguintes: o colexios Eugenio López e Manuela Rial asi coma o IES Agra de Raíces e a Asociación Deportiva Olimpia de Cee; o CEIP Santa Eulalia de Dumbría; o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión; os colexios Mar de Fóra e Nosa Señora do Carme de Fisterra; o CEIP Virxe da Barca de Muxía; o CEIP San Vicenzo e o IES Terra de Soneira de Vimianzo; o CEIP de Baíñas; o CPI Cabo da Area de Laxe; o CEIP Canosa-Rus e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha e o IES Pedra da Aguia de Camariñas.
Estuvo un día fabuloso para a práctica deportiva e foi unha xornada lúdica na que os nenos e nenas puideron disfrutar dunha competición que sempre lles motiva moito. Do noso centro participaron 48 alumnos do colexio, ademais de máis alumnos do centro que adestran e compiten coa Asociación Deportiva Olimpia, que un ano máis volveu a poñer de manifesto o nivel dos seus compoñentes gañando e clasificando equipos na maioría das categorías e que reflexa o bo traballo realizado polo seu adestrador Jorge Lariño, sen deixar de lado o esforzo dos atletas.
Nós participamos con alumnos de categorías benxamín, alevín e infantil. Na categoría benxamín, tanto masculino coma feminino percorreron unha distancia de 500 metros. Como é a primeira vez que participan, tiveron a posibilidade de enfrontarse a outros nenos e nenas da súa mesma idade e ver cal é realmente o nivel que teñen eles mesmos, e tamén o resto de participantes. Logo foi o turno para as nenas de categoría alevín feminino, que percorreron 600 metros, continuando cos nenos da mesma categoría que percorreron 800 metros. Os últimos participantes do colexio foron os de categoría infantil percorrendo 800 metros en categoría feminina e 1.200 metros en categoría masculina. Nesta última categoría resúltalles máis complicado competir e acadar bos postos dado que compiten con outros nenos e nenas un ano maiores que eles.
O máis importante de todo e o que máis nos gusta ós mestres de educación física do cole é que todos o pasaron ben, que o fixeron o mellor que foron capaces e que o seu comportamento foi bo. Muitos dos nosos alumnos contaron ademais co apoio das súas familias que acudiron ó campo a velos e darlles ánimos. Noraboa a tódolos nosos alumnos pola carreira realizada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario